CRTVG

Buscar

As cidades Patrimonio avogan por "concienciar" para frear o vandalismo

Publicado o 23/03/2019 17:36

A cidade de Santiago é a anfitrioa da asemblea do grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Dende este venres os alcaldes das quince urbes están en Composela, onde reforzan o traballo conxunto e a súa aposta por un turismo cultural.

"As cidades Patrimonio da Humanidade españolas renovan a sua alianza turística en Santiago... Os rexedores das quince urbes aprobaron esta mañá un orzamento de algo máis dun millón 250 mil euros para este anos .A metade destes cartos irán destinandos á súa promoción como destinos culturais en feiras internacionais empezando polo mercado chinés nas proximas semanas. Os rexedores apostan tamén por desenvolver activades de concienciacion e civismo para evitar as agresións no patrimonio. Só Santiago e Salamanca teñen camaras de vixilancia na rúa.

 Alcalde de Santiago, Martiño Noriega: "Nós estamos centrados en mellorar esa rede e non converter a cidade nun "Gran Hermano", pero agás Salamanca, que ten menos que Santiago, as demais cidades non teñen, isto é algo que nos debera levar a pensar tamén"

Alcalde de Mérdia Antonio Rodríguez: "É un problema de educación, si todas as actividades que se van a pór en marcha fronte ás agresións ao patrimonio son medidas coarcitivas non se soluciona o problema. E un problema educacional e de civismo"

O grupo das quince cidades acordaron distinguir a Rede de Paradores Españois co premio patrimonio polo seu labor ao longo de 90 anos como modelo emblematico do turismo.

Noticias web

23/03/2019