CRTVG

Buscar

Cidades blindadas para frear o incremento de contaxios

Publicado o 31/10/2020 21:18

Control na saída principal da Coruña. Durante algo máis dunha hora a Garda Civil procurou que ninguén traspasase os límites do municipio sen unha causa xustificada. Establecéronse puntos de control en todas as cidades galegas. En Vigo a vixilancia non se limitou aos vehículos a motor. Tamén os ciclistas tiveron que frear.

A mobilidade permítese entre Pontevedra, Marín e Poio. A realidade sanitaria que comparten os tres municipio diluíu as súas fronteiras. Para o resto, a blindaxe é total. Seguiremos vendo a Garda Civil nos próximos días, aínda que non sempre nos mesmos puntos. Os controis cambian de lugar constantemente.


 

Noticias web

31/10/2020