CRTVG

Buscar

Cidadáns de a pé impulsan un movemento contra a inseguridade en Barcelona

Publicado o 06/07/2019 14:42

Nos últimos días, comerciantes, hosteleiros e mesmo taxistas de Barcelona alzan as súas voces para reclamar medidas "urxentes e contundentes" ante os incidentes de seguridade que se están a suceder na ciade.Un grupo vecinal decidiu impulsar "Salvalona", un movemento de presión para pedirlles aos políticos medidas contra estra problemática.

Recentemente, unha representante do goberno de Corea do Sur faleceu tras sufrir un intento de roubo por parte dun tironeiro e a familia real de Qatar sufriu un roubo multimillonario nun hotel de luxo do centro de Barcelona.

A promotora desta iniciativa é a colombiana Eliana Guerrero, que forma parte da "patrulla cidadá" que percorre o Metro de Barcelona alertando da presenza de carteiristas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/07/2019