CRTVG

Buscar

Ciclistas de Ribeira alertan da colocación de trampas

Publicado o 10/07/2020 14:32

Ciclistas afeccionados de Ribeira denuncian a aparición de obstáculos, postos á mantenta no monte, que poden poñer en risco a súa integridade física. Como mostra, unha rampla de madeira colocada do revés, que apareceu no monte da Cidade, ou uns troncos que apareceron cortando unha pista no monte do Facho.

Desde a Federación Galega de Ciclismo advirten da perigosidade destas trampas, un problema que se vén repetindo con frecuencia nos montes galegos e que levan denunciando desde hai anos.

 

Noticias web

10/07/2020