CRTVG

Buscar

Chuvias torrenciais causan estragos na Comunidade Valenciana

Publicado o 20/08/2019 22:09

Chove en toda a Comunidade Valenciana pero a peor parte lévaa Castellón. As chuvias torrenciais deixan estradas secundarias cortadas e provocan o rescate de varias persoas que quedaron atrapadas nos seus vehículos en Benicarló. Ademais, os bombeiros tiveron que acompañar unha pequena embarcación que tiña problemas para chegar ao porto. Baixos inundados en urbanizacións da costa e, sobre todo, praias estragadas constitúen un panorama desolador en plena tempada turística.

A Generalitat mantén activado o aviso amarelo por chuvia e sarabia, e prevese que empeore o estado do mar. Unha previsión que preocupa en Denia. Alí, os técnicos intentan asegurar o ferry que encallou o pasado venres ante o temor de que as ondas, de varios metros, desestabilicen a carga, os 70 coches que aínda permanecen no seu interior. Os pasaxeiros, mentres, agardan fóra, con todas as súas pertenzas no interior dos vehículos desde hai 4 días.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/08/2019