Christian Díaz descúlpase na Radio Galega despois de se enfrontar coa afección do Breogán
Publicado o 30/10/2019 22:42
Polémica en Lugo pola reacción de Christian Díaz no partido do Breogán contra o Cáceres. Eran os últimos instantes do segundo cuarto cando Díaz anota unha tripla sobre a bucina. E así reaccionaba o xogador canario ante os apupos do pazo. O equipo estaba caendo por once puntos. Díaz arrepentíase cos compañeiros de Ao contraataque da Radio Galega.