CRTVG

Buscar

Chris Froome rompe o fémur e non estará no Tour de Francia

Publicado o 12/06/2019 19:01

O británico Chris Froome non poderá disputar o Tour de Francia. O corredor rompeu o fémur hoxe, nunha caída durante o recoñecemento da contra o reloxo da Dauphiné. O ciclista bateu contra un muro. Foi trasladado inmediatamente a un hospital onde as probas confirmaron os peores prognósticos.

Froome, catro veces gañador do Tour, non estará na liña de saída o próximo 6 de xullo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2019