CRTVG

Buscar

Chris Froome rebenta o Giro e faise coa 'maglia' rosa a falta de dúas etapas

Publicado o 26/05/2018 10:39

Cando quedan dúas xornadas para que remate o Giro, a proba dá un xiro vertixinoso tras a vitoria incontestable de Froome na etapa deste venres.

O británico rebentou onte a carreira cun ataque mortal a 80 quilómetros da meta. Chris Froome viste hoxe a "maglia" rosa. Cruzou a liña de meta con 3 minutos e 23 segundos de vantaxe sobreDumoulin, o que o converte no novo líder do Giro con 40 segundos de diferencia sobre o holandés. Simon Yates, que ata onte encabezou a xeral, sufriu unha crise na subida ao Finestre, o segundo porto puntuable da etapa, e perdeu todas as opcións de manter o liderado. Acumula un atraso de máis de 30 minutos con respecto a Froome.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/05/2018