CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Chourizos cen por cento caseiros á venda pola Internet

Publicado o 14/05/2017 21:27

Mesturar tradición e innovación para intentar abrir novas vías de negocio. Iso é o que fixo un mozo de Vilar de Santos que decidiu pór á venda a través de Internet chourizos cen por cento caseiros co obxectivo de incrementar a clientela e manter aberta a tenda que rexentaron os seus pais dende hai máis de dúas décadas, neste pequeno concello do rural.

Foi así como Aldo decidiu dar o salto a Intenet. O despoboamento do rural e os cambios de hábitos á hora de mercar estaban a afectar o seu negocio, igual que lles acontece a outras moitas tendas de concellos pequenos que hai polo interior de Galicia.

Innovar si, pero sen perder a esencia do tradicional, por iso Aldo optou por vender na rede un produto que os diferenza.

O sabor único da aldea que desde este ultramarinos viaxa xa a calquera recuncho do mundo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí