CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Choly Berreteaga, a cociñeira galega que triunfa na Arxentina

Publicado o 07/02/2016 21:31

A Karlos Arguiñano arxentina chámase María Esther Brañeiro, aínda que é mais coñecida como Choly Berreteaga.
Esta galega é un símbolo da gastronomía televisiva no país austral.

Choly Berreteaga leva máis de 60 anos ensinando a cociñar ós arxentinos. É xa un referente imprescindible da sobremesa televisiva no país austral grazas ás súas receitas prácticas e sinxelas.

Na honra do seu marido adquiriu como nome artístico o de Choly Berreteaga. Pero o seu verdadeiro apelido, Brañeiro, agocha unha clara orixe galega.
Seu pai era de Padrón, e del herdou a paxión por Galicia e o gusto polo bo comer. Da súa nai, o arte de cociñar.

"Era una casa donde se comía muy bien y se cocinaba mucho, se le daba mucha importancia a la mesa. Para mi papá una mesa bien puesta tenía que estar todos los días".

Gañadora dos premios gastronómicos máis prestixiosos da Arxentina, as influencias da cultura e a gastronomía galega son notables nos seus pratos.
Tampouco esquece as visitas da Ría de Arousa, os pementos de Padrón e, por suposto, a empanada.

"La empanada gallega es algo que amo, con mucha cebolla, con chorizo colorado. La hago generalmente de sardinas porque es más práctico, pero si tengo más tiempo, de bacalao. Eso me encanta".

Ós seus 88 anos, Choly conta con preto de 50 libros de receitas e asegura que o segredo do seu éxito radica na honestidade e en traballar con paixon, pois para Choly, cociñar é un acto de amor.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí