CRTVG

Buscar

Chocolate e café a cambio dunha contribucion solidaria en Vigo

Publicado o 08/12/2019 10:02

Delikia, a asociación "Síndrome de Down de Vigo" e o Banco de Alimentos de Pontevedra uníronse na tarde do sábado en Vigo na celebración "Café Solidario". A xente que se acercou á praza da Princesa da cidade olívica deixou os seus alimentos ou os seus cartos a cambio dun café ou dun chocolate. O ano pasado recolleron máis de tres toneladas de comestibles. 

Detrás da barra, facendo os cafés e os chocolates da bondade, Marcos González, o promotor da idea, e Roberto Pereira, excelente barista. Este é o quinto ano consecutivo do "Café Solidario de Delikia".

Marcos González, barista de Delikia di que como Vigo é a  cidade turística do Nadal por excelencia, o Nadal en Vigo é o Nadal do mundo, creamos uns vasos solidarios de 5, 10, 15 euros, co que queiran contribuír. E regalámoslles o café ou o chocolate.

Unha muller conta que hai que dar aos que non teñen tanta sorte coma ela. Súa fillla que non só hai que ser solidarios no Nadal senón sempre

Roberto Pereira, barista de Delikia. Conta que lle encanta facer esto e que ademáis fixeron uns capuchinos moi moi ricos.

O café, ademais de na barra de Roberto e Marcos, sérvese nesta máquinas atendidas por homes e mulleres de "Síndrome Down Vigo".

Miguel Estévez, responsable de formación de Síndrome de Down de Vigo explica que grazas a Marcos toman un contacto máis auténtico coa realidade que nos rodea. Non soamente é a discapacidade. Hai outros colectivos que tamén necesitan da solidariedade, da axuda e da colaboración.

Moitos achegan cartos e outros comida non perecedoira. O ano pasado recadaron neste mesmo evento tres toneladas de produtos.

Un home que acaba de deixar unha bolsa con comida di que hai que ser solidarios todo o ano e que parece que nestas datas a xente anímase máis a ser solidaria.

Iván Martínez,  o vicepresidente da Fundación Provincial Banco de Alimentos. di que xuntan estes alimentos cos que se xuntaron na "Gran Recollida" e todo o que imos recollendo estos días clasificámolo e repartímolo entre as 150 entidades que estamos atendendo mensualmente.

Son humanos solidarios altruístas no medio dunhas festas do consumo extremo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/12/2019