CRTVG

Buscar

Avalían os danos provocados pola "caída" ao Sil de dous vagóns dun tren descarrilado

Publicado o 05/08/2020 10:35

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil explicaba esta mañá no Bos días que están a investigar os danos causados pola caída ao río Sil de dous dos vagóns do tren de mercadorías que descarrilou a semana pasada en Carballeda de Avia.

Alberto de Anta, comisario adxunto da CHMS, explica que a confederación non deu permiso para realizar a manobra de baixar os vagóns ao río Sil para despois retiralos, como lles solicitaron o domingo pasado, e que "pola tarde comprobamos que se facía realidade esa manobra".

"Xa o domingo se fixeron traballos de campo", di o comisario da CHMS, e agora "estamos revisando fotos, vídeos e todo o material, amais de traballos de campo".

"Un dos vagóns está na auga e otro no leito, non no río propiamente", aclara Alberto de Anta. "O mesmo domingo e tamén agora estamos facendo mostras periódicas para ver se houbo verteduras que afecten a calidade da auga do río. Estamos vixiando para facer unha valoración dos danos".

Despois de que transcenderan unhas imaxes en que se pode ver como un dos vagóns cae ao río desde a zona en que descarrilara o convoi e outro queda suspendido, fontes de Adif informaron de que o ente público abriu unha investigación para coñecer os detalles deste suceso.

 

Noticias web

05/08/2020