CRTVG

Buscar

Chistian e Irene pásanse á "desconexión dixital", sen móbiles e televisor

Publicado o 25/06/2019 09:03

Cada día son máis os que deciden poñer límites ao uso das novas tecnoloxías ou mesmo vivir sen elas, desconectarse. Nós falamos cunha familia que criou os seus catro fillos sen móbiles, e tamén falamos cun profesor universitario sobre esta tendencia nacida entre os traballadores dos grandes xigantes tecnolóxicos.

Case un enchufe por alumno nesta aula universitaria. A omnipresenza da tecnoloxía. Falamos diso co profesor:

"A tecnoloxía está poñendo en perigo seriamente que sexamos mellores persoas, que sexamos máis felices, e está distorsionando a maneira de vivir e a maneira de relacionarnos".

Por iso empeza a haber quen pasa a desconectarse do dixital, caso de Chistian e Irene, que dende Laxe escollen máis natureza e menos tecnoloxía: "Eu quero vivir a vida e quero aproveitala, por iso aparto esas cousas", explican.

Non teñen televisor e foron criando os seus catro fillos lonxe dos móbiles. Pensan que os móbiles crean a ilusión dun superpoder.

"De que manexas todos os teus amigos nunha panatalla... Pero eu creo que iso causa estrés e é unha ilusión. Ese poder non existe", aseguran.

A filla pequena ten 14 anos e sobrevive ao feito de que todos teñan móbil menos ela.

Son un exemplo desa tendencia que leva moitos pais de Silicon Valley a desterrar o dixital das vidas dos seus fillos.







 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/06/2019