A China permitirá aos cidadáns ter tres fillos
Publicado o 31/05/2021 12:45

Os matrimonios chineses poderán ter un terceiro fillo. É o maior cambio na súa política de natalidade dende que hai cinco anos derrogara a norma do fillo único, que durante décadas estivo vixente no pais. Porén, a medida mostrouse insuficiente para incrementar os nacementos e o xigante asiático vai camiño de convertese nunha sociedade avellentada. O permiso para ter tres fillos virá acompañado de medidas económicas de apoio ás familias.