CRTVG

Buscar

A China logra que unha semente de algodón brote na Lúa por primeira vez

Publicado o 15/01/2019 17:33

 

A China logra que unha semente de algodón brote na Lúa por primeira vez

Unha semente de algodón, levada á Lúa pola sonda chinesa Chang'e-4, foi a primeira en brotar no satélite natural da Terra, segundo científicos dun miniexperimento de biosfera a bordo da misión.

Despois de realizar a primeira aterraxe na cara oculta da Lúa, a misión Chang'e-4 de China converteuse tamén en pioneira no primeiro miniexperimento de biosfera na lúa, informa Xinhua.

As imaxes enviadas pola sonda, que se difundiron en cadeas chinesas de televisión, mostraron que un brote de algodón crecera ben, aínda que non se atoparon outras plantas crecendo. A sonda Chang'e-4 transportou nun contedor selado sementes de algodón, colza, pataca e arabidopsis, así como ovos de mosca da froita e algúns fermentos, para formar unha minibiosfera simple, segundo un equipo liderado por científicos da Universidade de Chongqing

As plantas xerarían osíxeno e alimento para que outros seres vivos "consuman". A drosophila melanogasters, como consumidores, e o fermento, como descomponedores, xerarían dióxido de carbono ao consumir osíxeno para a fotosíntesis das plantas. Ademais, o fermento pode descompoñer os residuos de plantas e drosophila melanogasters e crecer, e tamén pode servir como alimento de drosophila melanogasters. Con este círculo, fórmase unha minibiosfera composta por produtores, consumidores e descomponedores.

O desenvolvemento e a preparación do módulo biolóxico foron realizados polo Equipo de Investigación de Bioloxía Espacial na Escola de Ciencias da Vida da Universidade de Chongqing.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/01/2019