CRTVG

Buscar

A praia das Catedrais, chea de visitantes esta fin de semana

Publicado o 20/04/2019 14:58

Ringleiras de visitantes achéganse á praia das Catedrais. Imprescindible amosar a reserva para poder baixar ao areal. É a única posibilidade de facelo, pero os pases para esta xornada levan días esgotados.

Para a gran maioría a espera para visitar esta praia paga a pena. É un dos destinos turísticos máis demandados. Con case un quilómetro de areal, os arcos e columnas esculpidos pola mar son o reclamo principal.

Esta praia só é visitable con marea baixa e o máximo que admite por xornada é de 4.812 persoas. Desde que o ano pasado unha pedra desprendida do cantil ocasionou a morte dunha turista está prohibido entrar nas cavidades e achegarse ao extremo polo paseo superior. Aínda así, mantén todos o seus encantos. Iso sí, para coñecelos hai que solicitar o pase correspondente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/04/2019