CRTVG

Buscar

Cheo absoluto para ver esta noite ao gaiteiro Carlos Núñez no Festival de Lorient

Publicado o 08/08/2019 17:29

Superada xa a metade do Festival de Lorient, chega hoxe á cidade francesa o artista máis agardado, a auténtica estrela para os incondicionais deste encontro intercéltico: Carlos Núñez en concerto ás dez da noite, nun espazo con 4.000 localidades. As entradas esgotáronse nunha semana cando se puxeron a venda no mes de abril.

O enviado especial de TVG a Lorient, Arturo Fernández, cóntanos como é o ambiente que se xera entre os participantes das distintas Nacións Celtas.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2019