CRTVG

Buscar

Chegou o 'coliving', onde a xente traballa, convive e comparte espazo durante un tempo

Publicado o 13/07/2020 20:53

Catarina e Aída viven en Barcelona e levan dende o 1 de xullo de coliving. Comparten espazo de vida, gustos, afeccións e traballo en Pontecaldelas, onde Agustín o implantou. O coliving está deseñado para que as persoas interactuen cos demais.

O coliving funciona como laboratorios de ideas de mozos emprendedores, conviven tanto no traballo como na súa vida privada e xeran grandes sinerxias. Os seus usuarios teletraballan e xestionan o seu tempo. No coliving de Anceu están nunha contorna privilexiada e mentres están nunha reunión gozan da natureza.

Agustín ofrece a posibilidade de permanecer dende unha semana ata un mes. O prezo, en cuarto indivudual, é duns 700 euros ao mes.

Noticias web

13/07/2020