CRTVG

Buscar

Chegar á igrexa en tractor e recibir herba cunha picadora no canto de arroz... é unha voda rural

Publicado o 18/08/2019 20:02

A igrexa de San Mamede de Ferreiros foi onte o escenario dunha voda moi rural, na que os noivos e a comitiva chegaron en tractor e na que no canto de botar arroz, botouse herba.

O noivo, Marcos Vázquez, contounos que hoxe a troula continúa, que houbo orquestra e que a idea foi del e do seu cuñado, o irmán da noiva, principalmente.

O vídeo do momento de botar a herba por riba dos convidados xa é viral nas redes sociais e supera as 360.000 reproducións e máis de dous millóns de reaccións.

Noticias web

18/08/2019