CRTVG

Buscar

Chegan os primeiros turistas, sen aglomeracións e con tempo fresco

Publicado o 01/07/2020 15:11

Di o refrán que "O que non aproveita xullo para se bañar, é que ten medo do río e do mar". E nese primeiro de xullo, a auga algo de respecto inda mete. O tempo virouse revolto e a nova realidade, tamén en vacacións, dá moito que pensar.

Santiago estraña os seus peregrinos, que adoitaban toleala nestas datas. No pasado xullo chegaban case 63.000 camiñantes. O escenario cambiou, desde logo, pero o Camiño ábrese, agarda por eles abaneando as árbores. E os primeiros xa van chegando.

Porque outro refrán tamén di: "No mes de Santiago, termina a merenda e empeza o descanso". Con máscaras, marcando as distancias, con menos ambiente do normal... pero xa están aquí.

Na costa tamén se abren catedrais e o mar do norte é bo acubillo para os buscan algo máis que sol.

De norte a sur a auga está para mirar, agás para os surfistas. Iso si, tamen aquí se nota movemento.

Pois iso, benvido xullo, mellor con sol e se non, xa saben: "Xullo augueiro: moito pan e bo palleiro".

 

Noticias web

01/07/2020