Chegan os primeiros turistas a Sanxenxo
Publicado o 02/07/2021 14:39
Hoxe é o día perfecto para gozar dun spa coma este, facer as primeiras compras do verán ou gozar dos outros múltiples praceres do verán galego. Segundo moitos, a vila xa está a tope, polo menos os días de sol e as fin de semana.
Máis tímido é o avance de ocupación hostaleira, moi influído polo clima e polas restricións no veciño Portugal. A previsión de ocupación hostaleira para este verán supera a rexistrada o verán pasado, que algúns hostaleiros desta zona cifran en máis dun setenta por cento.