CRTVG

Buscar

Chegan os primeiros emigrantes do programa Reencontros

Publicado o 19/06/2019 16:17

O primeiro grupo de emigrantes galegos en América chegou esta mañá á Coruña dentro do programa Reencontros 2019. Son 53 residentes na Arxentina que van pasar entre 15 e 45 días cos seus familiares nas súas vilas de orixe. Algúns non volveran a Galicia desde que emigraron.

O abrazo dos irmáns Juan Carlos e Leonardo Ansedes González foi dos máis emotivos esta mañá no aeroporto de Alvedro, na Coruña. Tiñan que recuperar 25 anos sen verse, os que leva Leonardo sen viaxar á Arxentina, onde tamén foi emigrante.

"Fomos toda a familia, papá, mamá, todos porque meu tío nos quixo levar a todos, pero este botaba de menos España e quixo volver.
Algúns botamos raíces alá, pero agora teño ganas de volver", dixo


Juan Carlos Ansedes González, emigrante na Arxentina

Desde que marchou con 17 anos, en 1964, Juan Carlos nunca volveu a Teixeiro, a súa vila, ata hoxe.

"55 anos que non volvía ao país", exclamou.

Canda el chegaron á Coruña outros 52 emigrantes galegos na Arxentina, entre eles Manolo, que marchou de Brión aos 16 anos, só, e en 1998 estivo en Galicia por última vez. Alá ten dúas fillas e dous netos, aquí o resto da familia.

"Oito irmáns, as mulleres, netos non sei cantos, sobriños non sei os que teño.
Encantadísimo de estar aquí, e con toda esta familia que teño aquí máis contento aínda", comentou Manolo Marvasán

A Secretaría Xeral de Emigración prevé coa operación Reencontros axudar a viaxar este verán 130 galegos residentes en latinoamérica.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2019