CRTVG

Buscar

Chegan os primeiros avisos de multa aos propietarios de terreos sen limpar

Publicado o 17/06/2019 19:08

É unha das grandes medidas incluídas no Plan de prevención de incendios forestais. O prazo para ter as leiras rozadas rematou o pasado 31 de maio, polo que os concellos están comezando a notificar aos propietarios a obriga de ter libre de maleza as zonas situadas a 50 metros dos núcleos de poboación, é dicir, os terreos máis próximos ás vivendas.

Carteis coma estes son unha advertencia de que se en 15 días non se procede a limpar a leira, o propietario ou propietarios terán que facerlle fronte a unha multa que pode ir dos 100 euros nos casos máis leves ata 100.000 nos casos máis graves.

A dificultade en ocasións está en localizar os propietarios, moitas veces varios receptores dunha herdanza. O ano pasado envíaronse arredor de 2.400 notificacións de sancións en toda Galicia.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/06/2019