CRTVG

Buscar

Chegan as primeiras centolas ás lonxas da Mariña

Publicado o 01/12/2020 20:58

Máis de 600 quilos de centola e boi de mar se puxeron a venda esta tarde na lonxa de Burela. Eran os primeiros exemplares dunha campaña que comeza máis tarde que no resto da costa galega polo control de especies. Os prezos foron algo superiores os habituais, chegando a 26 euros por quilo no caso dos mellores exemplares. A campaña apunta a ser das boas por canto a calidade e calidade.

"Os prezos foron similares os que se pagaron estes días no Grove ou na Coruña. Dentro do normal. Logo vai depender moito do tempo que faga, de se se dan as capturas...de moitos factores", comenta  Xusto García. encargado da lonxa de Burela. 

Malia o peche da hostalería en cidades e vilas de toda España, tanto hostaleiros como distribuidores confían en que as vendas non van baixar en exceso e que a de nadal será unha boa campaña de marisco. De feito xa están a recibir encargas por teléfono ou internet e as espectativas son optimistas polo bon estado e a abundancia das capturas.

"Que todo o mundo poida desfrutar destas centolas igual que desfrutamos nós cando vimos a seleccionalas e catalas para darlles o mellor produto os clientes", urxe Mar Rivas, cetárea de Burela.  

A cota de capturas de centola é de 35 quilos por cada embarcación e día e outros 35 quilos adicionais por cada tripulante enrolado e a bordo dos barcos.

Noticias web

01/12/2020