CRTVG

Buscar

Chegan as primeiras centolas ás lonxas

Publicado o 09/11/2020 21:21

Son as primeiras e xa van camiño de Burela. Unha cetaria desa vila mercou a primeira parada a 18 euros o quilo na lonxa do Grove.

Unha empresa de distribución de Ribadumia e un viveiro de San Vicente do Mar foron os seguintes, xa a algo máis de 13 e 10 euros.

Hai un ano, cando comezaba a anterior campaña, ao primeiro día de lonxa chegou a mesma cantidade de marisco: 3.400 kg de centola. Daquela, o primeiro lote vendérase por algo máis de 29 euros/kg. Moito cambiaron as cousas.

A campaña que acaba de comezar rematará o ano que vén nunha data que aínda ten que fixar o plan de xestión.

Noticias web

09/11/2020