CRTVG

Buscar

Chegan ás prazas de abastos os produtos de outono

Publicado o 18/10/2021 15:14

Co cambio de estación, a lista da compra incorpora novos produtos de temporada. Algúns pódense seguir mercando máis aló do outono pero aínda así o ideal é consumilos agora.

Os produtos de tempada son: as noces, os caquis, as granadas, as mazás... e comezan a chegar os cítricos para desbancar a froita de óso.

No noso país moita xente ten a sorte de poder levar á mesa os produtos da súa horta, outras teñen que mercalas fixándose cales están no tempo. Mercar froitas e hortalizas de tempada, é bo para o peto, porque aforra, e para o padal, saben moito mellor.

Consumir produtos de tempada e de proximidade ademais axuda os pequenos produtores locais e impulsa unha agricultura respectuosa co medio.

 

 

 

Noticias web

18/10/2021