CRTVG

Buscar

Chegan as prazas de abastos os primeiros exemplares de polbo galego

Publicado o 02/07/2019 14:32

Xa se comezan a ver os primeiros exemplares de polbo nos mercados, a un prezo de 15 euros. Tamén chegaron xa a nécora e o lumbrigante, e, no caso da Coruña, os primeiros percebes de punta Langosteira, de gran tamaño.

O polbo chega ás prazas e os mercados de abastos despois da apertura da veda. O prezo ronda os 15 euros e os exemplares están saíndo bos. Malia que cubriron os cupos, en portos polbeiros como o de Bueu din que non hai moito cefalópodo. A pesar diso, nos mercados a escaseza non se está a notar.

Tamén comezou a temporada de extracción do lumbrigante e da nécora, que chega ao mercado cuns prezos de entre 20 e 40 euros. Ademais, ao mercado Praza de Lugo da Coruña chegaron os primeiros percebes, de gran tamaño, extraídos en punta Langosteira.

Praceiros e clientes coinciden na calidade do polbo galego e agardan que a campaña cumpra coas expectativas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/07/2019