CRTVG

Buscar

Chegan ás farmacias os tests de antíxenos sen receita

Publicado o 20/07/2021 15:23

O Consello de Ministros autoriza a venda libre de tests de autodetección de coronavirus. A partir de agora poderán comprarse nas farmacias españolas tests de antíxenos, que custarán entre seis e dez euros e constan dun bastonciño de uso nasal que interpreta o resultado en 15 minutos.

Son eficaces nos primeiros días de infección e, en caso de positivo, este deberá comunicarse inmediatamente ás autoridades sanitarias. As farmacias tamén venderán tests de anticorpos, que permiten detectar se unha persoa xa estivo infectada.

O Ministerio de Sanidade quere que estas probas sen receita permitan aliviar a capacidade de diagnóstico dos centros de saúde, en plena expansión da variante delta.

Noticias web

20/07/2021