CRTVG

Buscar

Chegan ao mercado as primeiras latas co selo Atún de Pesca Responsable

Publicado o 06/06/2019 16:49

Chegan ao mercado as primeiras latas co selo Atún de Pesca Responsable. As dúas marcas que estrean a certificación teñen planta en Galicia. As marcas Isabel e Campos, con fábricas no Grove e na Pobra, son as primeiras no mundo en levar a certificación Aenor Conform-Atún de Pesca Responsable. O selo garante que a conserva que mercamos foi pescada dun xeito responsable a nivel ambiental, pero tamén social, respectando as condicións laborais dos mariñeiros a bordo. Trátase dun proxecto da frota atuneira española para loitar contra os produtos procedentes da pesca ilegal e distinguir as conservas responsables certificando todo o proceso, desde o mar ata a lata. O selo é voluntario, e poderán ir sumándose a el os barcos e conserveiras que cumpran cos requisitos"




 

Noticias web

06/06/2019