CRTVG

Buscar

Volven polo Nadal dúas galegas ás que lles puxeron a vacina de Pfizer

Publicado o 23/12/2020 08:29

Nun voo procedente do Reino Unido chegaron este martes a Santiago dúas das primeiras galegas vacinadas contra a covid-19. Son sanitarias e recibiron a primeira dose do fármaco de Pfizer, fáltalles a segunda. Non tiveron nigún efecto secundario e séntense afortunadas. 

"A semana pasada vacineime contra a covid e síntome moi ben por facelo porque creo que é algo que todos temos que facer. Non me sinto inmunizada, hai que cumprir con todas as medidas", explica Paula González

"Non tiven ningún efecto secundario, póñenche a primeira dose, resérvanche unha cita 21 días despois, unha vez posta téñente dez minutiños alí, e para casa. É importante cumprir coas dúas doses da vacina, porque se non o fas non vas ter a inmunización", di Ana Fernández.

 

Noticias web

23/12/2020