Chegan a Madrid os hostaleiros de Pontevedra, tras dúas semanas camiñando
Publicado o 21/12/2020 11:04
Chegaron a Madrid os hostaleiros de Pontevedra, Poio e Marín que saíron de Galicia camiñando hai 14 días para pedir un rescate para o sector.
Foron recibidos por compañeiros doutras comunidades autónomas. A concentración remata no Congreso dos Deputados para dar visibilidade a súa situación e onde remata este camiño.
Daniel Lorenzo é un deses hostaleiros que fixo o camiño desde Pontevedra e manifesta que van loitar para que lles dean un plan de rescate. Afirma que están arruinados e que moita xente vai quedar atrás.
Cre que o plan que está a deseñar o Goberno non vai salvar o sector. Os hostaleiros din que non saben cando van poder abrir nunhas condicións dignas os seus negocios ou como van pagar todas as débedas que teñen.