CRTVG

Buscar

Chegan a Madrid os 33 integrantes sans do Fuenlabrada

Publicado o 31/07/2020 22:27

Mentres tanto, xa chegaron a Madrid os 33 integrantes do Fuenlabrada que deron negativo nas PCR que lles practicaron onte á tarde.
Hai outras 13 persoas que seguen confinadas no Hotel Finisterre da Coruña. Estamos vendo imaxes desta tarde. Os 33 integrantes viaxaron en bus desde o aeroporto ata o Estadio Fernando Torres. Alí recolleron os seus coches e marcharon para as súas casas. Ningún xogador quixo facer declaracións, como tampouco as fixeron no hotel da Coruña do que saíron esta mañá. Así que a maior parte dos integrantes do Fuenlabrada xa está en Madrid. Aínda que queda moito por coñecer nos despachos.

Noticias web

31/07/2020