Chegan a Madrid 110 colaboradores afgáns de España e 67 dos EUA
Os últimos refuxiados afgáns que chegaron a Torrexón foron recibidos a pé de pista pola ministra de Defensa. España xa leva evacuadas unhas 500 persoas de Cabul e o Goberno confirma que seguirán co operativo sempre que os Estados Unidos continúen protexendo o aeroporto.
Margarita Robles cre que a situación en Afganistán é un fracaso de occidente e referiuse á situación dramática que se vive no aeroporto
Pedro Sánchez preside hoxe na Moncloa unha nova reunión do grupo de traballo dos distintos ministerios que cordinan a evacuación de civís en Afganistán. Esta fin de semana o presidente do Goberno tivo unha conversa telefónica duns 25 minutos co seu homólogo estadounidense, Jon Biden, que o propio Sánchez definía como "frutífera", e acordaron utilizar as bases de Rota e Morón para acoller afgáns. Os colaboradores dos Estados Unidos serán aloxados alí temporalmente e despois irán destinados a distintos países.