CRTVG

Buscar

Chegan a Galicia os primeiros galegos dende O Reino Unido tras a suspensión de voos

Publicado o 23/12/2020 08:29

Desembarcan en Santiago procedentes de Londres. Os seus últimos días non foron fáciles, pendentes de se poderían finalmente celebrar as festas en Galicia. A maioría traballan aló e veñen de vacacións, e puideron voar porque son ou ben cidadáns españois ou ben residentes en España, os únicos viaxeiros aos que o Goberno permite vir dende o Reino Unido.

Varios viaxeiros explican a preocupación dos últimos días: "Eu tiña o meu voo hoxe, e levo toda a semana estresada dende o sábado que anunciou Boris a nova cepa e o peche". "Tiña previsto vovlver hoxe e estaba moi preocupado polas noticias". "Notas anisiedade, queres vovler coa familia, estás traballando fóra, non é fácil...".

Chegan con PCR negativa cun máximo de 72 horas de antelación, trámite que tampouco foi sinxelo para algúns. "Obviamente, había un pouco de frustración, porque saíra hai pouco esta medida da PCR, que tiven que ir facela a Londres, tes que pagala e ao mellor non podes ir". "Foi moi agoniante porque con 72 horas de antelación tes que facer o test, moitas clínicas non daban feito...". "Eu pedín unha proba para que ma fixesen unha hora antes en Stansted". "Pedíronnos tanto a PCR como os pasaportes a cada paso".

confusión e o caos foron a tónica xeral ata o último momento, no aeroporto. "Houbo nervios no aeroporto de Stransted". "Eran vinte e pico voos e quedaron nove, só saíran cara a España, Moldavia e Irlanda". "Teño amigos de Alemaña, de Francia, que non poden volver, pero España si nos deixa volver, aos que temos nacionaldliade española, pois xenial".

Noticias web

23/12/2020