CRTVG

Buscar

Núñez Feijóo (PPdeG): "Hai dúas opcións: un multipartito ou un goberno con experiencia"

Publicado o 29/06/2020 20:43
Núñez Feijóo (PPdeG): "Hai dúas opcións: un multipartito ou un goberno con experiencia"

Alberto Núlez Feijóo, candidato do PPdeG, chegou ás intalacións da CRTVG arredor das 20.35. "Agardo un debate respectuoso cos candidatos, cos cidadáns e cos familiares das vítimas". Feijóo di que hai dúas opcións para Galicia: un multipartito ou un goberno dun partido maioritario que aplique o seu programa electoral dende o primeiro instante. 

O candidato do PPdeG tamén salientou a experiencia coa que conta para afrontar a crise. "Poderei aplicar o meu programa, serei un presidente libre".