Ana Pontón (BNG): "Intentaremos convencer máis galegos e galegas de que somos a alternativa real"

Ana Pontón, a candidata do BNG, chegou arredor das oito da tarde, e á súa chegada dixo que estaba "encantada de estar na casa de todos os galegos e galegas para que hoxe poidan ver cal é o contraste entre as opcións políticas e intentar ilusionar máis xente co cambio que cremos que representa o BNG".
"Cremos que este é un gran país, con moitas oportunidades, e nesta crise temos todo para poder saír adiante, enfrontando os problemas que temos", asegurou Ana Pontón, quen dixo que o debate "é a esencia da democracia, non entenderiamos unhas eleccións sen un debate, e agardamos que sirva a todas as persoas que teñen dúbidas, e desde o BNG intentaremos convencer máis galegos e galegas de que somos a alternativa real".
#DebateTVG | Así falou @anaponton de @obloque á súa chegada á TVG:
— G24 (@G24Noticias) June 29, 2020
"Queremos ilusionar a máis xente con ese cambio que representa o BNG, un cambio no que cremos que este país é un gran país e que temos moitísimas oportunidades"
https://t.co/4vwyHFl10Q pic.twitter.com/t9hqJVXlPR