CRTVG

Buscar

Chega unha semana de calor e altas temperaturas

Publicado o 19/08/2019 15:14

Ao longo da xornada de hoxe, as escasas nubes que quedan no ceo desaparecerán para dar paso a unha semana propia de verán. Sol e calor serán os protagonistas.

Tras un verán inestable cun tempo moi cambiante, dende Meteogalicia aseguran que o anticiclón que se achega a Galicia persistirá máis do que estamos habituados nestes meses, traendo tamén con el, un aumento das temperaturas.

A pesar de que na rúa teñen claro que o tempo está a cambiar, agradecen as boas temperaturas, e máis, nesta época.

Con estas previsións, toca desfrutar do sol e da calor.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/08/2019