CRTVG

Buscar

Chega un Black Friday ampliado para evitar as aglomeracións

Publicado o 24/11/2020 22:33

Comercios e tendas que locen desde hai días descontos nos seus prezos. Chega o Black Friday, o venres negro, pero din os comerciantes que este ano o ánimo non é o mesmo.

Alongan o período das ofertas para evitar aglomeracións e facilitar as compras, pero aínda así non ten o resultado agardado.

Tradicionalmente a moda e a tecnoloxía concentran boa parte das vendas do Black Friday, unha campaña nativa do comercio electrónico con maior acollida entre os consumidores máis novos.

Mais este ano tamén se detecta un maior compromiso co comercio de barrio.

E os comerciantes confían en que esta sexa a preferencia de cada vez máis galegos.

Noticias web

24/11/2020