CRTVG

Buscar

Chega o temporal Gisele con aviso laranxa por refachos de vento e chuvia

Publicado o 13/03/2018 21:11

Esta próxima madrugada actívase en Galicia un novo aviso laranxa por vento e chuvia. Vén un novo temporal que non vai dar tregua durante 24 horas, desde esta mesma noite ata o xoves.

Gisele pasará preto de Galicia, pero vai deixar refachos de vento de arredor de 120 quilómetros por hora e chuvia intensa, acumulacións que nas Rías Baixas poden chegar, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía, ata os 180 litros por metro cadrado en 48 horas. E iso é moito, poden repetirse os asolagamentos.

E mesmo volver rebordar os ríos. Tamén complicada se espera que estea a situación no mar con refachos de vento de forza 8 e ondas que poden superar os 6 metros de altura. A Xunta decidiu suspender as actividades dos colexios ao aire libre.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2018