CRTVG

Buscar

Deteñen un home por chegar a un xuízo por non ter carné conducindo o seu coche

Publicado o 16/10/2019 10:30

Chegou aos xulgados ao volante do seu coche cando ía declarar por conducir sen carné. Os axentes da Garda Civil de Verín que acudían como testemuñas no xuízo quedaron perplexos cando viron como o home, de 44 anos, aparcaba o seu coche xusto diante do xulgado.

Inmobilizáronlle o vehículo e antes de entrar o home foi imputado polos axentes nun novo delito contra a seguridade viaria, que se suma aos sete que ten pendentes, así como outros tantos por consumo de drogas.

Os feitos polos que o xulgaban cando o detiveron conducindo pola N-525 en Verín, baixo o efecto das drogas e sen carné, ocorreron en marzo do ano pasado. Finalmente, o xuízo non se puido celebrar porque a nai do acusado, citada a declarar, non se presentou.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/10/2019