CRTVG

Buscar

Chega Álex, a primeira borrasca do outono

Publicado o 01/10/2020 14:52

Abrigo e paraugas. A borrasca explosiva Álex, que entrará á tardiña, traerá o primeiro temporal do outono que nos pilla antes do previsto para a época do ano na que nos atopamos.

O peor espérase para a noite de hoxe e o día de mañá cando teremos vento forte, temporal marítimo e precipitacións abundantes. 

Despois duns días de sol, este cambio no tempo non acaba de ser moi ben recibido entre os galegos. 
Todo apunta a que esta borrasca explosiva nos vai dar algún que outro momento de calma a partir do venres ao serán, pero as temperaturas seguirán sendo baixas. 

Parece que o outono veu para quedar, polo menos ata mediados da próxima semana. 

 

Noticias web

01/10/2020