Chega ás Palmas un barco de Singapur que rescatou 33 inmigrantes
Publicado o 29/10/2019 21:31
Un barco con bandeira de Singapur chegou ás Palmas con 33 inmigrantes que rescatou en mar aberto. O buque sacou do mar 33 ocupantes dunha embarcación en augas das Canarias, catro deles mortos. Chegou a primeira hora desta tarde ao Porto das Palmas. A barca estaba a 330 millas de Gran Canaria.
Este é o suceso máis tráxico ocorrido nos últimos días, en que se produciu un incremento no número de chegadas, que superan as 800 persoas desta fin de semana.