CRTVG

Buscar

Chega ás Palmas o veleiro interceptado con 800 quilos de cocaína polo que xa se fixeron seis detencións

Publicado o 02/09/2019 19:43

Chegou ás Palmas o narcoveleiro interceptado polas forzas de seguridade españolas, preto dos Azores, no Atlántico, cargado con 797 quilos de cocaína no Caribe, que tiñan, tamén segundo as primeiras investigacións, como destino as Canarias para entrar en Europa.

Amais da droga comisada, que podería ter un valor de 25 millóns de euros no mercado, hai polo menos seis detidos, tres deles os tripulantes da embarcación, de nacionalidades serbia, mexicana e rusa.

O iate Seascape, fretado por unha mafia serbia e con pavillón nos EUA, chegaba este luns ás Palmas de Gran Canaria, tras o traballo dun cento de axentes de varios corpos, coa colaboración de autoridades españolas, portuguesas, británicas e serbias.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/09/2019