CRTVG

Buscar

Chega a Vigo o policía ferido grave nos disturbios de Barcelona

Publicado o 31/10/2019 15:28

Este é o momento en que o avión medicalizado do Exército se pousou na pista do aeródromo vigués. Unha ambulancia medicalizada agardaba polo paciente, Iván Álvarez Faginas, o axente vigués gravemente ferido en Barcelona. Chegaba un dos momentos máis agardados polos seus despois de días de preocupación. Cabo de representantes da Garda Civil e da Policía Nacional, a familia de Iván puido por fin telo de volta. Descendeu do avión polo seu propio pé e axudado por dous militares. 

Ata o aeroporto desprazáronse o xefe superior da Policía de Galicia e mais o comisario xefe de Vigo para acompañar os achegados do axente. Por expreso desexo da familia, o recibimiento fíxose coa maior discreción. 

Segundo avanzaron fontes policiais, Iván Álvarez continuará a súa recuperación na UCI do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí