A Revista
Chega a París a mostra de esculturas e carteis de súper heroes realizadas con dous millóns de pezas do LEGO
Publicado o 27/04/2018 13:03
Do Xapón imos a Francia. A París chegou 'Art of the Brick', unha mostra de carteis e esculturas realizadas con pezas do LEGO e cos súper heroes máis populares do cómic como protagonistas.
2 millóns destas coloridas pezas de plástico foron necesarias para realizar con tanto detalle as figuras de Superman, Batman, co seu Batmóbil ou Wonder Woman, entre outras iconas da historia do cómic. Son obra dun avogado estadounidense que canso do estrés de Wall Street encontrou na creación destas obras unha nova e satisfactoria vida como artista.