CRTVG

Buscar

Chega a Fitur a programación do Xacobeo 2021

Publicado o 23/01/2020 14:55

Chega a FITUR o programa de actividades co que o Estado e as comunidades autónomas, as nove polas que pasa o Camiño de Santiago, celebrarán o Xacobeo 2021.

E Galicia tivo o peso principal no deseño desa programación, segundo destacou o Conselleiro Román Rodríguez.

Outro reto é a presentación de toda esa oferta cultural dos camiños de Santiago. Promoverase en 33 oficinas turísticas no exterior cun punto esencial en Roma.

A ministra de Turismo citou o Xacobeo 21 como produto estrela para o turismo español durante este ano e o próximo.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/01/2020