CRTVG

Buscar

Chega a España un avión militar con 14 toneladas de materal sanitario

Publicado o 30/03/2020 21:15
Chega a España un avión militar con 14 toneladas de materal sanitario

E xa chegou a España o cargamento de case 14 toneladas de material sanitario procedente da China. O avión militar tomou terra a primeira hora desta tarde en Madrid. No lote inclúense un millón de tests rápidos para detectar o coronavirus, que terán que ser certificados para comporbar que cumpren os requisitos de fiabilidade. Este avión, o maior aparello de carga das forzas aéreas españolas, tamén trouxo máscaras protectoras e equipos de protección persoal que serán xestionados polo Ministerio de Sanidade.
 

Noticias web

30/03/2020