CRTVG

Buscar

Chega a Compostela un peregrino que completa o seu Camiño número 18

Publicado o 18/06/2021 15:03

Foi no ano 2004 cando Ramón decidiu empezar a aventura do Camiño e dende aquela non perdeu nin un ano. Hoxe chega a Compostela no que se converte no seu camiño número 18 tras percorrer 620 km dende Lisboa. Está a piques de cumprir 73 anos e cada ano que pasa converte as rutas nunha superación persoal. 

A escasos quilómetros de ver de novo a catedral, Ramón xa está pensando no que será o seu Camiño número 19. Polo de pronto, a onde seguro vai chegar é á praza do Obradoiro. 

 

Noticias web

18/06/2021