CRTVG

Buscar

Chega a calor a Galicia, pero sen acadar a vaga extrema que afecta o resto de España

Publicado o 10/08/2021 14:55

O ceo está despexado e loce o sol. Estas son as condicións propias do verán, pero o bo tempo andaba lonxe destas latitudes. Agora chega por fin a calor. 

Os vindeiros días vén tempo seco e solleiro. Andaremos entre os 20, 25 graos no norte, e os 25 e os 30 graos en puntos do interior e nas Rías Baixas. No resto de España a partir de mañá prevese a entrada dunha masa de aire cálido que trae consigo unha vaga de calor. Para a fin de semana a nosa comunidade verase afectada, pero non de xeito extremo.  

Non será vaga, pero teremos calor, desa que fai sufrir a quen gusta do fresco. O que nos agarda para os vindeiros días é poder gozar do verán. 

Noticias web

10/08/2021