CRTVG

Buscar

Chega a Bos Aires 'Se fosen turistas levarían gafas de sol', a emigración galega en clave de humor

Publicado o 01/11/2019 09:59

Na Arxentina, o director teatral Fran Núñez presentou unha obra que aborda a emigración galega dende unha perspectiva moi diferente ás demais. Unha comedia que explora o noso pasado como unha metáfora do presente. É o caso de "Si fosen turistas levarían gafas de sol", unha obra teatral que chega a Bos Aires coa intención de profundar na historia da emigración galega.

Humor, nostalxia e moita reflexión sobre o noso pasado. A obra de Fran Núñez aporta unha mirada diferente sobre a emigración galega, con diversidade de acentos, músicas e lembranzas. "A grande mensaxe, creo, da obra é o poder da memoria e a importancia de non esquecer de onde vimos. E é moi importante non esquecer iso e non esquecernos dos que chegan e dos que foron", di Fran Núñez..

Ambientada nos anos 50, a obra conta a historia dunha familia marcada pola separación, unha circunstancia moi propia tamén dos tempos presentes. "Darnos cuenta que todos tenemos un desplazamiento, una inmigración en nuestras vidas, y volver a esas raíces y darse cuentas de quién uno es", conta Martina Fernández, quen interpreta a Pacita na obra.

A obra contará con máis de 30 funcións ata o final do ano, pasando por Arxentina, Uruguay e España.

 

Noticias web

01/11/2019